Rianxo acollerá do 24 ó 31 de xullo unha nova edición do Festival Titiriberia

RIANXO>  Rianxo volverá a encherse de monicreques este verán cunha nova edición, e xa van sete, do Festival Titiriberia. O certame,  organizado pola Asociación Morreu o Demo, desenvolverase do 24 ó 31 de xullo.

O programa este ano virá cargado de grandes novidades aumentando este ano o número de propostas. Ademais de continuar coa descentralización dos espectáculos polas distintas parroquias do Concello, o festival terá este ano un marcado carácter internacional, xa que se sumarán compañías de Italia e Portugal.

Ademais do Concello, o festival conta co patrocinio da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia, a través do AGADIC. dende as dúas Administracións destacaron o acerto deste tipo de propostas.

Ademais dos espectáculos, programándose máis de trinta, destinados principalmente ó público infantil aínda que se recollerán tamén montaxes para público adulto, Titiriberia incluirá tamén nesta edición talleres e obradoiros para a rapazada, así como tamén charlas.

As persoas interesadas en asistir poden consultar o programa completo na web www.tititiriberia.com.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí