O goberno de Boiro revisará as alegacións ao plan de Barraña

    planparcialbarrana_100_17022009.jpgBOIRO> Unha vez solventando este trámite, o executivo boirés ten previsto iniciar o proxecto de urbanización da zona.

    O goberno local de Boiro vén de informar de que xa se deu unha solución definitiva as alegacións que presentaron os propietarios de terreos do plan parcial de Barraña. Deste xeito, un vez dado este paso, o executivo boirés espera ter aprobada a reparcelación deste plan nun período máximo dun mes.

    O edil de Urbanismo do concello de Boiro, Xoan León, explicou que nos vindeiros días manterá unha xuntanza coa empresa que resolveu as máis de cen alegacións presentadas ao proxecto de reparcelación, a meirande parte delas referidas a problemas na medición dos terreos.

    Reparto equitativo

    Posteriormente a celebración  deste encontro,  convocarase tamén aos donos dos terreos para que a aprobación definitiva na redistribución de cargas e beneficios se realice dun xeito xusto entre todos os propietarios. Segundo adiantou León, a intención do goberno é que a edificabilidade das parcelas das rúas de Avellaneda, María Mariño e rúas dezaseis e seis que se inclúan dentro do reparto equitativo.

    {flowplayer}barbanza/planparcialbarrana.flv{/flowplayer}

    Ademáis disto, dende o executivo de Boiro queren evitar o derrubamento de varias vivendas afectadas polo desenvolvemento do proxecto de urbanización do plan parcial de Barraña. Para isto contrataron unha empresa que traballa na busca de fórmulas para salvar estes inmobles, malia que isto supoña a modificación puntual do plan.

    Como xa ten recoñecido o goberno de Boiro, o plan parcial de Barraña avanza con máis lentitude da esperada. A fase de medición das parcelas, que se iniciou hai máis dun ano, retrasouse en exceso por mor, asegurou o edil de urbanismo, da escasa colaboración dos propietarios. Non obstante, espérase que nun mes se poida dar luz verde a reparcelación e iniciar os traballos do proxecto de urbanización da zona.

    Redacción Barbanza