Noia destinará máis de dez mil euros a premios este entroido

    NOIA> O  desfile infantil e o Rally París Dakar serán os pratos fortes dun programa cheo de actividades deseñado para satisfacer a todo tipo de públicos.

     

    Unha das novidades deste ano na programación do entroido noiés será o pregón. Terá lugar o venres 24 de febrero ás oito e media da noite na praza de abastos da localidade. Correrá a cargo dun peculiar ‘Chicote’, neste caso o humorista Pedro Brandariz.

    As actividades terán continuidade xa o sábado 25 co desfile infantil de entroido no pavillón Alonso Rodríguez. Haberá importantes premios para os mellores disfraces nas categorías individual, parellas, grupos e familias. O domingo 26 no claustro do concello haberá obradoiros de maquillaxe e caretas e poderanse degustar tamen productos típicos de entroido. O mércores día 1 de marzo os noieses despedirán as celebracións co tradicional enterro da sardiña. Coma novidade este ano os actos desenvolveranse na praza de abastos.

    Aínda así un dos pratos fortes da programación será novamente o tradicional desfile París Dakar que este ano chega a súa trinta e tres edición.

    Durante as xornadas do luns e do martes, o concello decidiu non programar ningunha actividade para non interferir nos actos doutras entidades e asociacións da vila que organizan eses días os seus desfiles e festivais.