Salvamento segue sen atopar ó home desaparecido na ría de Pontevedra

    desaparecido_ria_pontevedra_100_170209.jpgPOIO> O home viaxaba o sábado con dous amigos a bordo dun iate cando, ó parecer, caeu ó mar.

    {flowplayer}images/salnes/170209_desaparecido_ria_pontevedra.flv{/flowplayer}

    Roldaban as once da noite do sábado cando un iate á altura de Raxó, en Poio, lanzaba unha chamada de socorro pola suposta caída ó mar dun dos seus tripulantes, Sergio Cacabelos. Xunto a el viaxaban outros dous amigos, os encargados de dar a voz de alarma. A embarcación, propiedade dun dos compañeiros do desaparecido, saíra do porto de Combarro, onde ó parecer, os tres homes pasaran a tarde de festa por varios bares do casco histórico.

    Desde o momento no que se denunciou a desaparición de Cacabelos, Salvamento Marítimo puxo en marcha o dispositivo de busca en colaboración coa Garda Civil. Xa no domingo pola mañá incorporáronse os efectivos de Protección Civil de Poio, equipos que aínda hoxe seguían rastreando a ría de Pontevedra por terra e mar.

    A pesares do bo tempo que está a facer, as labores de busca estanse prolongando ó non coñecer con certeza o punto exacto no que supostamente caeu o home.

    Sergio Cacabelos estaba fugado do cárcere de A Lama desde xuño de 2007. Cumpría oito anos de condena por participar no secuestro dun home en Ribadumia e actualmente residía en Portonovo.

    Redacción Salnés