Nace en Ribeira ‘Xiradiscos’, a primeira feira do vinilo no Barbanza

RIBEIRA> Ribeira acollerá este sábado a primeira feira do Vinilo ‘Xiradiscos’. Ademais dun mercado no que terán presenza diversos selos discográficos, haberá concertos e actividades para nenos.

Os amantes do vinilo teñen unha cita este sábado en Ribeira. Durante toda a xornada a praza de Vigo dará cabida á primeira edición de Xiradiscos, unha feira que pretende poñer en valor este formato aínda descoñecido pola xente máis nova .

Discográficas independentes de toda Galicia daranse cita no evento que inclúe tamén concertos e sesións DJ. Os organizadores buscan ademais converter esta feira nun punto de encontro familiar polo que se desenvolverá un obradoiro para nenos.

O concello de Ribeira colabora coa organización desta cita que corre a cargo de Smart Studio, Radix Records e Buena Pieza. O obxectivo é darlle continuidade en futuras edicións polo que agardan unha gran afluencia de público.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí