Pablo Vázquez xa está ós mandos do Arousa

pablo250_170209.jpgSALNÉS> Pablo Vázquez coñeceu ó plantel, dirixíu a súa primeira sesión e comezou a traballar para intentar salvar de categoría ó equipo. Con el falamos para saber como foi esa primeira toma de contacto.

{flowplayer}images/salnes/pablovazquez_170209.flv{/flowplayer} 

Pablo Vázquez xa está ó mando do Arousa despois dunha fugaz negociación coa directiva do conxunto vilagarcián. Chega despois dunha longa andadura do Pontevedra que o levou a ser segundo adestrador do primeiro equipo ata o sábado pasado. Cando recibíu a chamada do Arousa non o dubidou.

Hoxe, nun principio tíñase previsto a segunda sesión de adestramento de cara a preparar o partido do vindeiro domingo ante o Pontevedra B. Finalmente suspendeuse, polo que os xogadores terán descanso como soe ser habitual os martes. Vázquez aproveitou a tarde para despedirse do seus antigos compañeiros en Príncipe Felipe.

O novo técnico do Arousa dixo atoparse  sobre o Manuel Jimenez cun plantel moi motivado e con gañas de revertir a actual situación crítica do equipo. Cree ademais que os xogadores teñen calidade suficiente como para manter o equipo na Terceira. Confía en que comecen a chegar pronto os resultados positivos.

O primeiro test de Pablo Vázquez será este sábado na Xunqueira. Enfronte terá a un equipo que coñece moi ben, un Pontevedra B en plena xeira positiva. Un exame moi exixente, pero que quererá  sacar con boa nota.

Redacción Salnés