240 nadadoras desputarán o Trofeo Deputación de Pontevedra de Sincronizada

PONTEVEDRA> Máis de duascentas nadadoras de seis a dezaoito anos competirán este sábado no décimo Trofeo Deputación de Pontevedra de Natación Sincronizada. A proba, que volve ás instalacións da Escola Naval de Marín, servirá como preliminar ós campionatos galegos de xuño. Ata 240 nadadoras de oito dos once clubs de natación sincronizada que hai en Galicia participarán este sábado 16 de maio no X Trofeo Deputación de Pontevedra de Natación Sincronizada. Farano nas categorías base, en sesións de mañá e tarde. A proba suporá un test de nivel para as participantes de cara ó Campionato galego que desputarán o 6 de xuño. Este ano o campionato volverá a celebrarse nas instalacións da Escola Naval de Marín. Dividirase en dúas sesións dobres. Ás 12.15 comezará a competición de rutinas de equipos de estilo libre I e II, e de combos base I, II e III. Pola tarde as probas retomaranse ás cinco e media coas rutinas de equipo e combo en base IV. Ó remate de cada unha das sesións entregaranse medalla se trofeos ás tres primeiras clasificada sen cada unha das categorías. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/12/TROFEOSINCRO.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/12/TROFEO_NATACION_PONTEVEDRA.mp4{/flowplayer}