![]()
SALNÉS> O Vilalonga recibirá en San Pedro ó líder Cerceda mentres que o Portonovo xógase media salvación en Santa Comba. Da Preferente Sur destaca o dramático duelo que se vivirá no Salvador Otero entre Céltiga e Cambados.
O líder da Terceira visita San Pedro. Un encontro máis importante do que nun principio pode semellar, xa que os de Gabi Leis descansarán a semana que ven, e de non gañar o domingo sumarían cinco semanas sen vencer. Algo semellante ocúrrelles ós de Nacho, que tiñan hai escasos quince días nove puntos de vantaxe sobre o Racing de Ferrol e agora son tan só tres, por iso tampouco poden errar. Leo é baixa no cadro local, sancionado, mentres que Melchor voltará á convocatoria toda vez que está recuperado da lesión que aqueixaba.
Máis trascendental é se cadra o encontro da Fontenla. O Portonovo visita a un rival directo pola salvación como o Santa Comba. Despois da victoria ante o Mesón do Bento o equipo está moito mellor no aspecto psicolóxico. Os de Jacobo Molina poden aproveitarse do baixón que está o sufrir seu rival que leva cinco partidos sen vecer, nos que ademais enfrontouse a conxuntos da zona baixa. No Portonovo son baixa Velay e Segura por lesión, e Álex Gómez por sanción, mentres que no Santa Comba Gelucho recupera a importantes pezas no seu esquema como Doro e Akeem.
Na Preferente Sur comeza a notarse o nerviosismo entre os conxuntos que ocupan a zona baixa da táboa. O derbi da Illa será o partido que mellor exemplifique as ansias de dous equipos que precisan gañar como sexa. O Céltiga leva unha victoria nos últimos trece partidos e acumula catro encontros sen ver portería. Os visitantes, 2 dos últimos 12 puntos en xogo e un único gol neses catro partidos. Os dous equipos arrastran importantes baixas para esta cita: Fernando, Juanito e Darío por parte local e o ariete Javi Sánchez nos de Oliveira. Todos eles están sancionados.
Os dous estarán moi pendentes do que faga o Arosa que recibe ó Verín. Os de Lino González queren acabar co gafe da Lomba e de paso saír dos postos de descenso. O Verín, logo dunha mala xeira de resultados está a catro puntos do ascenso polo que chega necesitado á cita.
O Ribadumia buscará gañar fóra o que perdeu na casa a semana pasada. A directiva púxolle as pilas ós xogadores logo de que non gustase a actitude ante o Ourense B. Mala praza visitan esta semana, a do segundo mellor equipo como local da competición, o Gran Peña.
Con moita menos necesidade que o resto de equipos do Salnés o Sanxenxo recibe ó Marín. Os de Calucho non perden de vista os postos de ascenso e saben que deben recuperar o seu poderío na casa para ter opcións ó final de temporada.
Redacción Salnés






