![]()
SALNÉS> Os dous equipos coñécense ben. Josiño, Machu, Cardeñosa e César xogarán ante os seus antigos compañeiros. Ambos precisan dos puntos por razóns ben diferentes.
{flowplayer}images/salnes/derbi_200209.flv{/flowplayer}
Partido moi especial o que se poderá presenciar este domingo no Salvador Otero. É un deses choques de rivalidade comarcal que soe encher os campos, ademais neste caso as afeccións tanto duns como doutros son das máis fieis da Terceira.
Ó ambiente propio da cita, úneselle as situacións dos dous equipos, o Céltiga loitando por meterse no playoff de ascenso, e o Vilalonga por non caer preto dos postos de descenso.
Como non, terá o morbo incluido de ver a Josiño Abalde enfrontándose ó seu ex-equipo. No será o único porque Machu, Cardeñosa e César tamén se vestiron algún día a camiseta do rival. Con todo, o partido serviralle ós locais para intentar meterse entre os catro primeiros da xeral e manter a ilusión de afección e xogadores. Mentres, o Vilalonga, quere canto antes sumar dúas victorias seguidas que lle permitan afastarse da zona perigosa.
No encontro de ida gañaron os de Gabi Leis, por 1-0, pero é que o Vilalonga, na Terceira sempre gañou na Illa: catro desprazamentos catro victorias, dato que queren romper este ano os do Céltiga.
Agárdase un partido no que os locais basen a súa forza no xogo colectivo e defensivo e no que os visitantes intenten tocar e marear máis o balón.
Josiño Abalde quere trasladar a presión ó rival. Di que o seu equipo está nunha situación cómoda e que o que deberá arriscar máis será o Vilalonga.
No apartado de baixas, polo Céltiga tan só César anda con molestias nas costas polo que é dúbida. Albert non estará por lesión.
No Vilalonga caeranse Luismi, con molestias, Chicho por rotura de fibras e Diego Blanco, que se estivo adestradando a un ritmo menor que os seus compañeiros estes días, tamén por unha spobrecarga nas costas.
Redacción Salnés









