SALNÉS> Saímos dunha xornada e metémonos noutra. Céltiga e Vilalonga voven a xogar o domingo, ambos farano fóra, mentres que tamén volta a Preferente, todos os equipos do Salnés teñen o partido na casa agás o Ribadumia que visita ó Barbadás.
O fútbol non dá respiro e volve a liga na Terceira coa sexta xornada en xogo.O Céltiga, coa moral subida tralo partidazo do mércores ante o Lalín, busca a súa segunda victoria consecutiva ante o Narón, algo que os metería de cheo co grupo de arriba. Os da Illa visitan un campo que historicamente se lles dá ben; catro partidos e tan só unha derrota, nos outros tres, balance de dous empates e unha victoria. Será ás 17:30.
Todo o contrario ó que lle acontece ó Vilalonga, que das nove veces que visitou o campo do Bergantiños, nunca gañou. A victoria é algo que precisa canto antes o conxunto de Gabi Leis se é que non quere que xurda o nerviosismo. Unhas veces pola falta de puntería de cara ó gol, outras polos desaxustes defensivos, o certo é que non acaban de facer un encontro completo. Enfronte terán este domingo a un recén ascendido ó que lle custa horrores facer gol; tan só acadou dous en cinco partidos de liga. Será ás 17:00.
E na Preferente, quinta xornada ligueira, con catro equipos do Salnés que xogan na casa. Tan só o Ribadumia desprázase para xogar ante un dos galos da categoría, o Barbadás, que de momento non acaba de arrancar.
Ademais, o Arousa recibe ó Covadonga na Lomba no día no que Gustavo César Veloso será homenaxeado e fará o saque de honra dende o centro do campo.
O Xuventú de Cambados terá unha boa oportunidade para sumar os tres puntos ante o pechacancelas da competición, o Nogueira de Ramuín, que conta os seus partidos por derrotas.
En Baltar o Portonovo xoga ante o Rápido Bahía, coa intención de sumar a súa terceira victoria consecutiva que os meta na parte alta da clasificación.
Ademais, o Sanxenxo buscará escalar na xeral a costa do Pontellas e de paso escapar dos postos de descenso que agora os ten moi preto.
Redacción Salnés