BARBANZA> A Mancomunidade Barbanza-Arousa recuperará este ano o circuíto de carreiras populares‘4 carreiras, 1 meta’ tras dous anos sen celebrarse a consecuencia da pandemia.
A entidade aposta por este tipo de iniciativas que, ademais de fomentar a práctica deportiva, axudan a dar a coñecer tamén os encantos desta comarca.
O circuíto está composto por un total de 4 probas, unha en cada concello integrante da Mancomunidade. A primeira das citas será xa este mes de agosto, o día 28 na Pobra do Caramiñal.
O resto das citas do circuíto desenvolveranse ó longo do que resta de ano. A proba de Ribeira será o 24 de setembro; en Rianxo o 1 de novembro, para rematar en Boiro o día 4 de decembro.
Está aberta a tódalas categorías, dende os máis pequenos ata veterán, incluíndo ademais coma novidade a modalidade de zapatilla inclusiva, para persoas con diversidade funcional.
As inscricións xa están abertas podéndose realizar a través da plataforma de emesports.