![]()
O GROVE > No Grove non se quere oi falar de subir de categoría, pero esta fin de semana o Rasoeiro xógase boa parte do seu futuro…
… ante o Magope Seis do Nadal. Os vigueses son segundos na xeral e os mecos, terceiros, a dous puntos.
Será un partido complicado para os de Lao Santos; perderon no encontro de ida por sete, pero agora tentarán dar continuidade a súa boa xeira de resultados en Monte da Vila, onde se fixeron inexpugnables.
O adestrador cangués quítalle importancia ó encontro, se cadra para non presionar ós seus xogadores. E é que nos plans non está o ascenso. Por unha banda subir de categoría implicaría cambia-la filosofía do club, que so se nutre de canteiráns. Ademais, precisaríase un apoio económico e institucional que sería complicado acadar.
Sen presión pero co recoñecemento de todos por estar loitando por un ascenso que ó mellor quedaría algo grande, o Rasoeiro enfróntase mañá a partires das 18:00 ó Magope vigués.
{flowplayer}images/salnes/balonmano.flv{/flowplayer}
Redacción Salnés







