Salomé Peña asegura que Gonzalo Constela lle chamou “cabrita”

    salome_pea100.jpgRIBADUMIA> O proceso da concentración parcelaria en Lois, provocou hoxe un enfrontamento entre o delegado de Medio Rural e a alcaldesa

    …  do municipio. A consellería convocou unha reunión para esta xornada coa Xunta Local e esqueceuse de invitar á primeira edil. Salomé Peña está indignada e asegura que este descoido foi intencionado.

    O que prometía ser unha tranquila reunión informativa entre os representantes do Medio Rural e os veciños da parroquia de Lois, acabou sendo un motivo de enfrontamento entre o delegado da consellería, do BNG, e a alcaldesa de Ribadumia, do PP.

    Medio Rural convocou este encontro cos veciños para informar da contratación do proxecto de mellora da rede viaria na zona de Lois pero esqueceuse de chamar á alcaldesa do municipio. Un descoido que, segundo Salomé Peña, foi intencionado.

    O delegado do medio Rural, Gonzalo Constenla, desculpouse publicamente por este fatal descoido. Nada máis coñecer este esquecemento, Constenla chamou á alcaldesa, a primeira hora desta mañá, ao seu teléfono privado para pedirlle desculpas. 

    Salomé Peña asegura que, lonxe de desculpase, Constenla dedicouse a insultala a través do teléfono móbil. 

    Os representantes da consellería do medio Rural e os portavoces da Xunta local da concentración parcelaria de Lois- Montes reuníronse, ás 11 e media da mañá en Cambados, sen a alcaldesa do municipio. Neste encontro, Gonzalo Constenla explicou aos veciños o proxecto que permitirá mellorar os accesos aos terreos de Lois. Unha obra na que a consellería vai investir máis de medio millón de euros, e que forma parte do plan de dinamización do rural do Salnés. Un plan que afecta a todos os concellos da comarca e que conta cun investimento global de 12 millóns de euros, dos cales se destinan a Ribadumia 2,5 millóns.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/200209_parcelaria_lois_ribadumia.flv{/flowplayer}