Francisco García adxudícase a Travesía a nado Porto de Vilaxoán

travesia250_070909.jpgVILAGARCÍA> Noventa nadadores déronse cita na edición número 45 da Travesía a Nado Porto de Vilaxoán. Francisco García, do Club Natación Riveira foi o vencedor absoluto logo de aventaxar en liña de meta a Pablo Balsa e Alberto González, que completaron o podium.

Preto dun centenar de deportistas déronse cita onte no porto de Vilaxoán para participar na XLV Travesía a Nado Porto de Vilaxoán.

Tras un percorrido de 1.800 metros para a categoría absoluta, de máis de 16 anos, a victoria foi a parar a mans do representante do Club Natación Riveira, Francisco García, que logrou impoñerse na liña de meta a Pablo Roi Balsa e Alberto González, que entraron segundo e terceiro, respectivamente.

Entre os competidores, cabía destacar a presencia de Alfonso García Ventoso, un home que perdeu un brazo e unha perna nun accidente, pero que iso non lle impidíu participar. De feito completou os 1.800 metros de percorrido no posto 33, dos 65 competidores na categoría absoluta, algo que lle valeu para levarse por parte da organización o Trofeo á Superación, completamente merecido.

Na categorñia femenina, Laura Pimentel foi a máis rápida, impoñéndose a Sandra Presas e Alba Souto.

Na categoría D, para nados antes de 1.980, impúxose Carlos García Colomo, mentres que na A, para menores de 12 anos, Miguel Díaz foi o primeiro en rematar os 800 metos de traxecto que debían completar.

Na categoría B, para rapaces de entre 13 e 15 anos, gañou Tomás Pérez, seguido de David Blanco e David Rodríguez.

As condicións do mar  foron idóneas para a practica da natación. A ausencia de oleaxe e vento fixo que os participantes completasen o percorrido sen demasiados problemas.

Redacción Salnés