A Policía Científica investiga o incendio de varias embarcacións

    incendio_ribeira100_230209.jpgRIBEIRA> O peirao de Ribeira rexistrou na madrugada do domingo un aparatoso incendio no que resultaron afectadas tres embarcacións.  

    {flowplayer}images/salnes/INCENDIO_RIBEIRA.flv{/flowplayer}

    RIBEIRA> O peirao de Ribeira rexistrou na madrugada do domingo un aparatoso incendio no que resultaron afectadas tres embarcacións, dúas con importantes daños que estragaron a súa estrutura e o interior.

    Foron numerosas as persoas que se congregaron no peirao para contemplar o espectáculo do lume e as embarcacións calcinadas. Ata o lugar do incencio desprazáronse tres dotacións de Bombeiros da Barbanza que contaron coa colaboración de membros de protección civil, e a policia nacional e local de Ribeira.

    Este luns, axentes da Policia Científica traballaron na embarcación Carriolo, onde se iniciou do lume, na busca de probas. Segundo confirmou Antonio Argibay, patrón maior da Confraría de Ribeira e propietario do barco, todo apunta a que se tratou dunha acción intencionada.

    Durante o transcurso do incendio, a rápida actuación de varios mariñeiros que cortaron as amarras dos barcos atracados a carón dos que ardían, impediu que as lapas se extendesen e o lume tivese consecuencias máis graves. Malia que os danos non están cuantificados na súa totalidade, Antonio Argibay xa dá por perdida a súa embarcación valorada en máis de 120 mil euros.

    Lume na casa da Xuventude

    Non foi este o único incendio que aconteceu esta fin de semana en Ribeira. Unhas horas antes, ao redor das nove da noite, os bombeiros acudían a sofocar un lume no interior da futura casa da xuventude da localidade, emprazada na zona de Abesadas. Foi unha veciña a que deu a voz de alarma ao detectar unha densa columna de fume que saía do interior do inmoble.

    A intervención dos bombeiros evitou que o incendio se extendense e que tan só resultasen danados as paredes e os cristais dunha zona lateral do edificio. Na espera de facer unha valoración definitiva dos danos, dende o concello de Ribeira temen que este suceso retrase o avance das obras de construcción da casa da xuventude.

    Redacción Barbanza