![]()
RIBEIRA> A días de coñecer a decisión oficial, o rexedor Xosé Luís Torres Colomer, e o voceiro parlamentario, Manuel Ruíz, postúlanse como cabezas de lista.
{flowplayer}barbanza/candidatosppbarbanza.flv{/flowplayer}
Mantense a incógnita sobre o candidato oficial do Partido Popular que pugnará pola alcaldía en Ribeira. En menos de dúas semanas, a dirección do Partido deberá facer pública a súa identidade. Caben tan só dúas opcións: manter ó actual alcalde como cabeza de lista ou optar pola renovación designando a Manuel Ruíz como candidato. Ámbolos dous xa manifestaron a súa disposición para asumir esta responsabilidade.
Aires de renovación
Boa parte dos enquisados non amosan preferencias e consideran que calquera das dúas opcións traduciríase nunha alcaldía positiva para Ribeira. Sen embargo constátase certo desencanto coa xestión do executivo nos últimos anos. Moitos consideran que Torres, tras case vinte anos á fronte do consitorio, debería deixar paso a xente nova con novas ideas.
Aínda que oficialmente non hai nada decidido, a renovación antóllase difícil posto que o actual rexedor xa comunicou á dirección do partido a súa intención de volver a presentarse frustrando así as aspiracións de Ruíz.
No resto da comarca, non hai dúbida nas candidaturas da Pobra que volverá asumir Isaac Maceiras, en Boiro onde Xoán Xosé Dieste xa anunciou que optaría á alcaldía ou Noia onde repite Antonio Pérez Insua como cabeza de lista.
Dúbidas
Menos claro está en Porto do Son ou Rianxo. No primeiro caso, a dirección provincial aínda estuda a candidatura proposta pola executiva local, na que volven optar por Manuel Tomé como alcaldable. En Rianxo, a actual portavoz, Vanessa Martínez, amosou certas reticiencias a encabezar a lista polo que non se descarta un candidato alternativo.
Redacción Barbanza











