A Pobra avanza na municipalización do Servizo de Axuda no Fogar

POBRA>  O Concello prevé incorporar ó cadro de persoal municipal ás máis de vinte traballadoras que desempeñan este servizo a través dunha empresa externa.

Trataríase do primeiro concello do Barbanza en xestionar de xeito directo este servizo.

A edil de Servizos Sociais, Amparo Crerecedo, anunciou esta mañá que o Concello está inmerso xa no proceso administrativo mediante o cal se prevé a municipalización do Servizo de Axuda no Fogar que actualmente se presta de maneira mixta: con seis traballadoras municipais e máis de vinte contratadas por unha empresa privada.

A intención do Concello pasaría por levalo xa a pleno o vindeiro mes de xullo para a súa aprobación. Aínda así, unha vez saldado este trámite, o proceso de municipalización deste servizo continuaría alomenos varios meses máis, prevéndose dar por concluída toda a tramitación para os meses de setembro ou outubro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí