RIANXO> Solo Empresarial do Atlántico, entidade pública dependente do Ministerio de Fomento que xestiona o parque empresarial de Té, vén de asinar a venda dunha parcela deste polígono por un importe de máis de 230 mil euros. Trátase dunha parcela de preto dos tres mil cincocentos metros cadrados, cunha edificabilidade superior ó 80% da súa superficie total. Os terreos foron adquiridos pola empresa Potel Torres Transportes S.L. O seu xerente, Manuel Potel, confirmou a intención da firma de asentarse o antes posible na nova ubicación, anunciando que prevé empregar a uns 40 traballadores.
Inicio BARBANZA