Un cento de nadadores tomarán parte na IV Travesía a Nado Illa de Rúa

RIBEIRA> Máis dun cento de nadadores participarán este domingo na travesía a nado Illa de Rúa. O evento deportivo, que acada xa a súa cuarta edición, destinarán tódolos fondos recadados á Asociación Española contra o Cancro.

O espectáculo está servido este domingo cando máis dun cento de participantes percorrerán os 4.400 metros que separan a illa de Rúa do Náutico de Ribeira a nado.

Tras dous anos de parón recupérase esta cita deportiva que conta coa colaboración de numerosos patrocinadores así como do concello e do club Náutico de Ribeira, que será sede do evento.

Tódolos donativos realizados polos colaboradores así como os fondos recadados polas inscricións serán destinados integramente á asociación española contra o cancro para proxectos de investigación.

Inserto

Ademais da travesía do propio domingo, a xornada previa desenvolverase unha charla no náutico ribeirense a cargo do adestrador Alberto Pérez sobre a súa experiencia nadando en augas abertas. Os interesados en inscribirse aínda están a tempo de facelo a través da web de galitiming ata a medianoite do xoves.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí