O anteproxecto do náutico de Escarabote sairá en breve a licitación

    portonauticoescarabote_100_240209.jpgBOIRO> O executivo boirés confía en que as obras das futuras instalacións náutico-deportivas de Escarabote poidan iniciarse ó longo do vindeiro ano.

    {flowplayer}barbanza/portonauticoescarabote.flv{/flowplayer}

    O tenente alcalde, Xoán Xesús Ares, amosouse satisfeito despois da xuntanza mantida hai uns días co presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga, á que acudiron tamén o patrón maior da Pobra, Manuel Maneiro, e o presidente do Club Náutico Barraña, Ángel Romero. Nela analizouse en profundidade o proxecto de construción do porto náutico-deportivo de Escarabote. Segundo el existe un compromiso firme por parte do ente autonómico de que Escarabote poida contar cunhas instalacións náuticas, un proxecto xa contemplado no Plan Director de Portos de Galicia. O propio Jacinto Parga confirmoulles de que en breve se adxudicará o anteproxecto desta actuación. Un trámite previo a licitación do proxecto e á adxudicación posterior das obras, que poderían iniciarse o vindeiro ano 2010.

    Reordenación dársena portuaria

    Durante a reunión plantexáronlle tamén ó presidente de Portos de Galicia da necesidade de replantear e reordena-lo espazo portuario.

    Parquing soterrado

    No transcurso da reunión o presidente do Clun Náutico barraña solicitoulle que se estudade a posibilidade de construir na zona un parquing soterrado, cunha zona axardinada e unha área de recreo na superficie.

    Axilización dos prazos

    O concello, a Confraría de Pescadores e o Club Náutico presentaron ademais alegacións ó proxecto, solicitando a axilización dos prazos.

    Redacción Barbanza