Os GRUMIR queren manter o servizo nos concellos con maior sinistralidade

    grumir.jpgBOIRO> A Xunta de Galicia ten intención de eliminar os GRUMIR nos concellos galegos que contan con parque de bombeiros de cara ó final de ano.

    {flowplayer}barbanza/desaparaciongrumir.flv{/flowplayer}

    A indignación apoderouse dos profesionais dos Grupos de Intervención Rápida ó ter acceso a un documento sobre a reestruturación destas agrupacións que a Xunta de Galicia pretende acometer antes de final de ano. Indignación porque hai un ano, cando se debateu esta mesma proposta e concedéronlle unha moratoria de doce meses, o goberno se comprometeu a estudar concello por concello, sempre mantendo conversas cos afectados. Non foi así, tal e como amosa o documento que lles foi filtrado.

    Servizos complementarios

    No caso de Boiro, un concello con alto índice de sinistralidade, o mantemento do GRUMIR e do parque comarcal de bombeiros son perfectamente compatibles posto que se trata de servizos complementarios.

    Ademais con tan só botar unha ollada ás memorias elaboradas por Protección Civil nos últimos anos queda patente a necesidade deste corpo que presta a súa colaboración en caso de accidentes, incendios, temporais, saídas por mar, apoio loxísitco en festas e todo tipo de eventos municipais.

    Financiación alternativa

    O pasado venres, os representantes dos GRUMIR dos dezaséis concellos afectados xa mantiveron unha xuntanza en Santiago para tratar de buscar unha solución. Piden que, alomenos se manteña o servizo como está ata o 2010 cando rematen as axudas europeas e que, a partir de entón, se busquen vías de financiamento alternativas para poder manter os GRUMIR nos concellos que sexa necesario.

    Redacción Barbanza