As praias de Vilagarcía terán unha marca propia para promocionarse

    praia_vilagarcia100.jpgVILAGARCÍA> O concello quere atraer o turismo procedente da provincia da Coruña. Para logralo crearase unha marca propia das praias

    … e porase en marcha unha campaña de promoción.

    O municipio terá unhas praias máis limpas e coidadas, este verán. Isto é o que pretende o concello a través dun Plan de Recuperación dos areais. Nas vindeiras semanas vaise proceder ao recheo das praias con area procedente do dragado do río Miño.

    A estas alturas de ano xa comezaron as labores de limpeza nos areais que se van a reforzar coa adquisición dunha nova máquina. O concello definirá os diferentes espazos de uso e disfrute das praias do municipio, facendo especial fincapé na praia de Compostela. Neste espazo, porase en valor a Duna para levar a cabo actividades nas súas inmediacións. A zona de xogos vai incorporar novo mobiliario e o bosque vaise acondicionar como espazo de lecer.

    Entre os proxectos do grupo municipal está a creación dunha marca para promocionar as praias de Vilagarcía entre o turismo procedente da provincia da Coruña. Esta promoción vaise levar a cabo a través de campañas publicitarias e folletos informativos que se repartirán polas oficinas turísticas, de Galicia. A marca promocional das praias de Vilagarcía farase pública nas vindeiras semanas. 

     O BALNEARIO, A CONCURSO PÚBLICO

    O luns comezarán as obras no antigo balneario para garantir a seguridade do edificio, actualmente en ruínas. O concello está estudando a posibilidade de ceder estas instalacións a unha empresa que restaure o edificio a cambio da explotación económica do balneario de Vilagarcía.

     Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/250209_limpeza_praias_vilagarcia.flv{/flowplayer}