O sorteo de Nadal deixa quintos premios en Caldas e Boiro

    gordo100.jpgCALDAS> O Gordo pasou de longo por Galicia e tan só deixou quintos premios e algunha terminación. Caldas e Boiro repartiron hoxe sorte.

    {flowplayer}images/salnes/gordo_nadal.flv{/flowplayer}

    CALDAS> Galicia non gozou de sorte neste sorteo de Nadal. Mentres que O Gordo, o 78.294 se paraba en Madrid, na comunidade galega tivemos que conformarnos con quintos premios. Dous deles foron parar a Caldas, o 43.802 e o 49.271, este último, tamén foi vendido en Boiro.

    Ás 9:40 da mañá a sorte petaba na porta da Administración de Lotería Número 1 de Caldas. Pouco despois, ás dez e oito minutos, voltaba a chamar. Un total de dous quintos premios foron parar ó establecemento desta localidade. Os números agraciados foron o 43.802 e o 49.271.

    Pero esta non é a primeira vez que toca aquí, hai nove anos un terceiro premio tamén foi repartido nesta administración. E índa que os premiados non fixeron acto de presenza, a dona do establecemento non ocultaba a súa alegría pola venda destes vinte décimos premiados. Ela mesma nos contoua que á hora de comprar a xente segue a ser moi supersticiosa.

    E mentres a alegría seguía nesta administración, nas rúas da localidade podíase ver de todo: dende aqueles que sen tocarlles crían ter levado o premio, outros que non gozaron de sorte e ata outros que inda ignoraban se a súa conta corrente aumentara en 5.000 euros esta mañá.

    O Gordo de Nadal non caeu nesta administración, pero esta mañá en Caldas había quen non dubidaba en que o primeiro premio do Sorteo do Neno si fará acto de presenza na vila caldense.

    Redacción Salnés