A GDR Salnés convoca un premio para proxectos innovadores no Rural

    gdr_100.jpgSANXENXO> A Asociación Grupo Desenvolvemento Rural do Salnés, a coñecida como GDR Salnés, celebrou esta tarde en Vilalonga-Sanxenxo,…

    {flowplayer}images/salnes/170909_gdr_salnes.flv{/flowplayer}

     … a cuarta reunión da súa Xunta Directiva. Neste recinto da Telleira, abordáronse varios puntos relativos ós proxectos que está levando a cabo a antedita asociación e que resume o seu presidente e tamén Alcalde de Meaño, Jorge Domínguez. O principal atranco ó que se ten que enfrontar esta GDR é a falla de financiamento. Son poucos os cartos que se destinan a esta comarca tan dinámica.

    Para paliar esta falla de liquidez nestes tempos de crise, no Salnés estase recorrendo á creatividade; unha cualidade que será potenciada desde esta asociación, mediante a convocatoria dun concurso de ideas sobre Proxectos Innovadores para o Rural do Salnés, que terá unha dotación de 1.200 euros de premio.

    Asemade, a GDR do Salnés aprobou hoxe traballar de xeito conxunto con outros grupos de desenvolvemento rural de dentro e fóra de Galicia, para aunar esforzos de cara á promoción de diversos eidos comúns.

    Redacción Salnés