VILAGARCIA> Vilagarcía estrea a exposición Simbiosis. Unha mostra formada por 42 obras do artista afincado na vila, Edmundo Paz. A exposición destaca pola pintura abstracta plasmada en diversos materiais.
Despois de máis de 10 anos sen expoñer na vila, a arte de Edmundo Paz regresa a Vilagarcía. O salón Rivas Briones acolle dende este venres a mostra Simbiosis, composta por 42 obras do artista.
A exposición destaca pola pintura abstracta plasmada en diversos materiais.
O artista agarda coa súa a obra que a xente goce, se relaxe e reflexione.
A obra estará dispoñible na Sala Rivas Briones durante 6 semanas ata o vindeiro 7 de maio.










