![]()
VILAGARCÍA> En Sobradelo están impacientes porque se rematen as obras iniciadas na parroquia. E así llo fixeron saber onte á alcaldesa.
{flowplayer}images/salnes/obras_sobradelo.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA> En Sobradelo están impacientes porque se rematen as obras iniciadas na parroquia. E así llo fixeron saber onte á alcaldesa de Vilagarcía, Dolores, García, que se achegou ata o lugar na compaña do seu secretario e de Tania García, da executiva local do PSOE.
A rexedora achegouse a Sobradelo para comprobar o estado de execución das obras máis importantes que se están a facer nesta parroquia. Unha delas é o adoquinado do acceso desde a estrada de Cambados, que leva máis de tres meses en execución, e que está a acabar coa paciencia dos veciños.
Pero ademais desta queixa, a alcaldesa tamén recolleu outras preocupacións da parroquia, como a sequía da fonte de Vilaboa desde hai un mes por culpa das obras do acceso ó porto, e os continuos vertidos na zona de O Feal. A alcaldesa asegurou que todos estes temas están en coñecemento do Concello e que se está traballando para solucionalos.
Amais desto, Dolores García, tamén visitou a zona das Pedras, onde se está a construír un parque, cun investimento de cen mil euros, con cargo ós Fondos Anticrise do Estado. Tamén lles anunciou a próxima contratación das obras de mellora do saneamento de augas residuais e pluviais na zona de A Marxiada-Sobradelo-Maceiras, a través dunha subvención da Consellería de Medio Ambiente.
Redacción Salnés






