Educación licita o proxecto dun novo centro educativo en Boiro

    licitacioncoleboiro_100_26022009.jpgBOIRO> Este  Centro de Infantil e Primaria permitirá reducir a saturación dos colexios do casco urbano do municipio.

    A Consellería de Educación sacou a licitación o proxecto dun novo Centro de Educación Infantil e Primaria para o concello de Boiro, que está previsto construír na zona de Barraña. O anuncio saiu publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia e nel recóllese que o prazo de entrega de proxectos será de catro meses.

    Con este anuncio, A Consellería de Educación dá un paso máis cara á execución deste proxecto, en resposta ás demandas realizadas dende o grupo de goberno de Boiro sobre a a necesidade de contar cun novo colexio no núcleo urbano por mor da saturación de alumnos que presentan o resto de centro nesta zona.

    {flowplayer}barbanza/licitacioncoleboiro.flv{/flowplayer}

    O novo centro de ensino contará con nove unidades que albergarán alumnos de infantil e primaria. A parcela prevista para acoller o edificio ten unha superficie de seis mil metros cadrados e está incluída no Plan Parcial de Barraña. A posta a disposición dos terreos atópase en trámite polo que se agarda que culmine proximamente.

    O goberno de Boiro está moi satisfeito pola consecución deste novo colexio, que supón un importante avance en educación no municipio. Espérase que o novo centro educativo entre en funcionamento no curso 2010-11.

     

    Redacción Barbanza