O BNG de Ribeira faise eco dos problemas nos vehículos da policía local

    RIBEIRA> O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira presentou esta mañá un escrito no concello para interesarse sobre a situación na que se atopan os coches da Policía Local. Os nacionalistas recollen o malestar dos propios axentes, que se queixaban de non poder realizar as correspondentes patrullas nos vehículos policiais, debido ó seu mal estado. Dende a formación frentista cúlpase desta situación ó goberno local, ó que acusan de incompetente e falto de previsión.

    Segundo as propias informacións das que dispoñen os membros do BNG, ningún dos dous coches patrulla dos que dispoñía a Policía Local funcionaban, polo que os axentes tiñan que realizar as correspondentes gardas nun coche camuflado. Esta situación vén a evidenciar segundo eles unha total falla de previsión por parte do goberno municipal que non foi quen de habilitar unha partida para a adquisición ou mellora dos vehículos policiais a pesar de ter coñecemento dos problemas que estes tiñan dende hai tempo. Para os nacionalistas trátase duns feitos graves que non só prexudican ós axentes no seu quefacer diario, senón que afectada tamén a toda a veciñanza e todas as empresas do municipio, razón pola que teñen previsto pedir explicacións ó edil de Seguridade e Mobilidade Cidadá. Dende o concello ribeirense non tardaron en respostar a esta situación, informando de que a Policía Local vai a contar con dous novo coches patrulla rotulados, en substitución dos dous que están inutilizados por sendas avarías irreversibles. Neste sentido fontes municipais comunicaron que hoxe mesmo concluíron os trámites necesarios para o aluguer dun novo vehículo policial, que se espera sexa entregado mañá. E por outra parte, se puxo tamén a disposición dos axentes do coche itinerante de Tráfico do que dispón a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/09/bngribeiraproblemascochespolicialocal0910141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/09/bngribeiraproblemascochespolicialocal091014.mp4{/flowplayer}