O Grupo Junquera continúa coa súa escalada na xeral

futbolsala250_030309.jpgVILAGARCÍA> Esta semana disputáronse varios encontros correspondentes á xornada aprazada no seu día polo temporal. Non xogou o Viajes Interrías pero sí o fixo o Grupo Junquera, que gañou sen problemas ó Negreira.

O Grupo Junquera impúxose sen problemas ó La Crema Negreira esta pasada fin de semana, ó que lle endosou un set en branco (6-0). Os de Juancar tiveron un partido cómodo ante un rival, que aínda que nunca baixou os brazos, acudíu a Fontecarmoa a intentar defenderse e saír á contra.

Precisamente, tiveron dous achegamentos claros con 0-0 no marcador que pudieron ter cambiado o desenvolvemento do encontro, pero unha vez o pau, e noutra a mala puntería, impedírono.

Pese a a esas dúas ocasións do cadro visitante o dominio foi sempre do Grupo Junquera, que non tardou demasiado en abrir o marcador; sería no minuto 8 tras unha rápida combinación entre Oscarín e Marcos. A partir de ahí, e como soe ser habitual nos encontros desiguais, o Negreira baixou un pouco a concentración e os vilagarciáns continuaron na mesma marcha. Así, en escasos tres minutos conseguiron sentenciar prácticamente o partido e poñer un 3-0 no electrónico co que se chegaría ó descanso.

Na segunda metade continuou a tónica dominante foi a mesma e os goles foron caendo pouco a pouco ata completar unha goleada que deixa ó Grupo Junquera terceiro na xeral cos mesmos puntos que o Esteo, aínda que cun partido máis disputado que o seu rival nesa loita.

A nota negativa do partido deuna Oscarín, que podería estar varias semanas de baixa despois de que lle fora diagnosticado unha tendinite e unha escordadura do seu xeonllo esquerdo .

A semana que ven volverán a xogar na casa ante o Troula. O seu último rival, o Negreira, visitará Baltar para enfrontarse ó Viajes Interrías, que esta semana descansou. O seu partido aprazado ante o Bueu xogarano o xoves 19 de marzo.

Redacción Salnés