![]()
POIO> Rematou a liga na División de Prata. O Poio Pescamar despedíuse da súa afección cunha goleada ante o Mosteiro Bembrive. As de Manu Cossío gañaron por 7-1 e deste xeito finalizan a liga en quinta posición.
O Poio Pescamar despedíu a temporada cunha victoria cómoda ante o Mosteiro Bembrive (7-1). Pese a que ambos conxuntos non se estaban a xogar nada realmente importante, os afeccionados non lle quixeron dar as costas ó equipo de Manu Cossío e acudiron en masa ata o pavillón municipal de A Seca.
O partido estivo dominado de principio a fin polo cadro local, que adiantouse no marcador moi cedo grazas a un tanto de Kiko, ós tres minutos. Pouco despois era Dana quen aproveitaba un excelente servicio de Catia para poñer o segundo; Lara, antes de chegar ó descanso colocaría o 3-0.
Durante o primeiro tempo o dominio e as ocasións foran das locais, e a mesma tónica continuou na segunda parte, na que vivíuse un monólogo do cadro vermello. Charo, Peke, Kiko e Lara anotarían un tanto cada unha para deixar o marcador en 7-0. No derradeiro minuto, Noemí poría o da honra para o conxunto vigués.
Rematou así a liga para o Poio que a diferencia de temporadas anteriores, nesta non puido acceder á fase de ascenso. Seguro que o tentará acadar para o próximo ano, tratando de mellorar a qiunta posición na que finalizou neste 2012.
Redacción Salnés








