![]()
SALNÉS> Esta fin de semana o Club Náutico de Portosín acolle a disputa do Camionato Galego de Platú 25. Atí desprazarase o equipo do Movistar Mexillón dos irmáns Paz coa intención de recuperar o cetro autonómico que o ano pasado levouse o seu compañeiro do Liceo Ero Pons.
A embarcación dos irmáns Paz, patrocinada pola Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Concello, Mexillón de Galicia e Movistar, desprázase esta fin de semana a augas da Ría de Muros e Noia para participar no Campionato Galego de Platú 25, que se celebra baixo a organización do Club Náutico de Portosión.
Mañá venres será o turno para as medicións e a posta a punto das embarcacións, que deberán estar no auga antes das 19:00. As probas darán comezo o sábado a partires das 14:00.
Están programadas tres mangas e outras tres para a xornada dominical, que iniciarase en torno ás 11:00. Se se completan catro regatas ou máis, entrará en xogo un descarte.
Os percorridos están formados por un barlovento-sotavento habitual con dúas ceñidas que durarán aproximadamente 45 minutos.
A embarcación do Liceo Casino de Vilagarcía estará formada polo equipo habitual: Carlos Paz á caña, Juan Debén como táctico, Antón Paz como trimmer, Joaquín Cores de piano e Bernardo Paz, de proa. Despois dun gran ano no que foron cuartos no mundial, terceiros no nacional e segundos na Copa de España, o obxectivo para eles é acadar o título que o ano pasado se lles escapou. Os actuais campións, o conxunto liderado por Ero Pons e Juan José Durán, tentarán reter o cetro autonómico.
Xunto ós barcos vilagarciáns, nomes da talla de Gonzalo Araújo, Pablo Iglesias ou Laureano Wizner tentarán loitar polo derradeiro título da temporada, polo que a competencia e o nivel das regatas será altímisimo.
Redacción Salnés







