As traballadoras do campo e do mar, protagonistas do Día da Muller

    muller100.jpgO GROVE> O concello meco conmemora o Día da Muller cunha exposición de fotografía, o estreno dun vídeo sobre as veciñas e a entrega dos premios

    … Meca da Igualdade que este ano recaerán na única alcaldesa da historia do Grove, María Lina González.

    O concelleiro de Igualdade e Benestar Social meco, Carlos Álvarez Besada, presentou hoxe os actos previstos. O venres, ás 8 da tarde, inaugurarase a exposición fotográfica baixo o nome: O Grove feminino plural, ubicada na casa da Cultura Manuel Lueiro Rey. Unha mostra de 33 fotografías que versan sobre o traballo das mulleres no municipio.

    Nesta mostra inclúense as obras premiadas no concurso de fotografía do concello. A obra: Sacrificio da muller” de Marisa Lores recibirá o primeiro premio, dotado con 300 euros. Leticia Castro recibiu o segundo premio pola fotografía “O mar para quen o traballa” e José Luis Gómez acadou o terceiro galardón coa súa obra: “A muller e o mar” Amais das fotografías, o concello tamén presentará un vídeo, este venres, baixo o título “O Grove feminino Plural”. Trátase dunha obra, na que participan varias mulleres do concello que contan, as súas historias, cun guión escrito por elas mesmas.

    O sábado entregaranse os premios Meca da igualdade que outorga o consello local da muller. Este órgano de participación político, social e sindical recoñecerá a labor da única alcaldesa no concello do Grove. María Lina González rexeu no municipio meco entre os anos 1987 e 1990.

    As mulleres que traballan na terra recibirán tamén o premio Meca da Igualdade na categoría de colectivo.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/040309_GROVE_ACTOS_DIA_MULLER.flv{/flowplayer}