Descobren 717 plantas de marihuana a raíz dunha factura da luz

    MARIHUANACALDAS1_100.jpg CALDAS> A empresa subministradora de electricidade dou a alarma tras constatar un recibo de 1.151 euros nunha casa alugada en San Clemente.

    A Garda Civil de Pontevedra detivo nas últimas horas a un veciño de Moraña de 49 anos como presunto autor dun delito contra a saúde pública e outro de fraude de fluído eléctrico. O arrestado, que responde ás iniciais R.Q.B., figuraba como arrendatario dunha vivenda situada en Caldas na que se localizaron 717 plantas de marihuana. A investigación comezou a raíz dun informe emitido pola empresa que subministra electricidade, ó constatarse un consumo de máis de mil euros mensuais, non comparable ó das demais vivendas dos arredores. Tras identificarse á persoa que tiña alugada a vivenda, procedeuse ó rexistro no que se descubriron as plantas e un complexo sistema para garantir o seu cultivo. A operación continúa aberta.

    Redacción Salnés