VILAGARCIA> Primeira toma de contacto entre o novo goberno da Deputación de Pontevedra e Cáritas Arousa. A deputada de benestar social visitou esta mañá as súas instalacións en Vilagarcía, animando á entidade a solicitar unha liña de axudas provincial que se vai convocar a finais deste mes.
Primeira visita do novo goberno da Deputación de Pontevedra ás recentemente inauguradas novas instalacións de Cáritas Arousa. A deputada de igualdade e benestar social ofreceu á entidade o apoio da institución provincial. Animou aos seus membros a que concorran a unha liña de axudas da Deputación destinada a entidades sen ánimo de lucro.
Dende Cáritas agradeceron este primeiro encontro, avanzando a súa intención de concorrer a esas subvencións provinciais.
Nestes momentos Cárita Arousa atende unhas 150 persoas de forma directa, destacando o grupo que acude ao comedor.
A maiores disto, hai que sumar outras moitas familias, a casa de acollida de San Cibrán onde hai nestes momentos 14 persoas ou os usuarios do comedor sobre rodas que reciben cada día o xantar no seu fogar.











