A Feira do Medioevo de Pontearnelas exaltará a figura do peregrino

    VILANOVA> A Feira Medieval de Pontearnelas dá un xiro este ano cara ó Camiño Xacobeo. Coincidindo ca aprobación…

    {flowplayer}images/salnes/previa_feira_medieval_240712.flv{/flowplayer}

    … da Ruta Espiritual do Salnés como variante do Camiño Portugués a Compostela, esta edición deste evento lúdico cultural ampliará a súa oferta centrándose na representación das peregrinaxes. E é que este ano esta Feira agarda contar ca presencia de numerosos peregrinos de verdade, que parten cara a Compostela polo camiño luso.

    Estarán presentes na Cea de Confraternidade e tamén entre as moitas actividades de teatro, cetrería e obradoiros de oficios artesás, que este ano disparan a súa participación.

    Con esta edición que terá lugar os 27 e 28 desta semana completarase a oferta de sol e praia do Salnés, cunha actividade que dá fe da riqueza cultural e patrimonial do Salnés.

    Para integrarse mellor no ambiente festivo, a organización recomenda que se vaia vestido ó estilo do medioevo, ou nesta ocasión, tamén poden asistir ataviados como peregrinos.

    Redacción Salnés