Núñez Feijóo anuncia actuacións para reequilibrar o Salnés

    foto_n_f_100.jpgPONTEVEDRA> Logo dos comicios deste domingo, no que a cidadanía lle daba unha ampla maioría para gobernar na vindeira lexislatura,…

     {flowplayer}images/salnes/040309_feijoo_en_pontevedra.flv{/flowplayer}

    … o PPdeG celebrou esta tarde a primeira das súas Xuntas das Directivas Provinciais en Pontevedra. O encargado de presidila foi o líder dos populares galegos Alberte Núñez Feijóo, que aproveitou a ocasión, antes de nada, para agradecer ós militantes o seu apoio nas pasadas eleccións, especialmente ó presidente provincial do partido en Pontevedra, Rafael Louzán.

    Respecto a esta campaña electoral, Feijóo destacou a importante subida do Partido Popular nos concellos desta provincia, que viña a invertir a tendencia deste partido desde o 2003. Salientou tamén o aumento do voto en núcleos urbanos e o respaldo maioritario do rural.

    Preguntado polas súas futuras actuacións no entorno do Salnés, Núñez Feijóo apuntou que esta zona será merecente nos vindeiros anos de actuacións que a reequilibren logo dunha lexislatura de discriminacións por parte do bipartito autonómico.

    O líder dos populares valorou tamén outras actuacións pendentes, entre elas o proxecto do futuro Hospital de Pontevedra; do que dixo que era un tema en carteira pero que antes de executalo, conviña revisar as arcas da sanidade galega. Este mesmo Presidente do Partido Popular de Galicia falou tamén esta tarde doutras intervencións fóra da provincia de Pontevedra. Unha delas, a máis prioritaria será a variante de Noia; unha variante que el se compromete a executar conforme ó proxecto anterior, cunha ponte que atravese a ría de Muros e Noia. A

    nte o proxecto proposto polo bipartito da Xunta de Galicia, que Núñez Feijóo entende como moi prexudicial para o entorno, o PPdeG retomará o antigo proxecto da ponte sobre a ría, tal e como el asegura que lle pediu a cidadanía de Noia nas pasadas votacións. Redacción Salnés