O adestramento de cans para terapia é xa unha realidade no Salnés

    fotorefuxiocopia.jpgCAMBADOS> Este é o primeiro centro de España. Despois de trece anos a vila do albariño consegue as súas instalacións.  

    {flowplayer}images/salnes/InauguracionRefuxio210512.flv{/flowplayer}

    O primeiro centro de formación de cans de asistencia e terapia de toda España está en Cambados. As instalacións veñen de inaugurarse e están situadas na Valada, en Castrelo.

    A actriz e presentadora Miriam Díaz Aroca e o músico Miguel Costas, padriños do Refuxio de Animais de Cambados, participaron na inauguración deste centro, que coloca á vila do albariño á cabeza en canto a protección e defensa dos animais e en pioneira na educación de cans recollidos para levar a cabo terapias cos colectivos máis desfavorecidos.

    Os adestradores, peza fundamental deste proxecto tamén terán neste centro un lugar para a formación. Aprendizaxe de técnicas de adestramento con fins asistenciais e mesmo ciclos de conferencias e charlas dirixidas ós cidadáns para concienciar e potenciar o obxectivo do Refuxio de Cambados, o “abandono cero” de animais.

    Unha parte importante, aínda que non a totalidade, pois en palabras da propia directora da protectora, queda moito traballo por facer. Traballo para o que o Concello continúa ofrecendo o seu apoio.

    Deste xeito, o Refuxio de Cambados consolídanse como unha das principais organizacións españolas na utilización das máis modernas técnicas de asistencia e terapia de cans con humanos. É o primeiro centro destas características do país, e supón a cume dun proxecto iniciado hai xa trece anos.

    Redacción Salnés