A feira de lecer e rebaixas Expoferta estará aberta dende hoxe ate o domingo

    expoferta_100_210807__still_001.jpgVILAGARCÍA > Expoferta abriu hoxe as súas portas no recinto feiral de Fexdega. Esta é a terceira edición desta feira de oportunidades…

    …  na que ó redor de 50 comerciantes vilagarciáns tratarán de liquidar todo tipo de mercadorías a baixo custe.

    Nesta edición da feira de Lecer e Rebaixas de Vilagarcía preto de medio centenar de comerciantes de Zona Aberta liquidarán todo tipo de mercadorías a baixo custe. No recinto feiral de Fexdega poderanse comprar dende electrodomésticos, ate roupa, xoiería, cerámica ou artigos para a volta ó colexio. No salón tamén se ofertará servicio de cafetería e restaurante, perruquería e ata un espacio de recreo vixiado, onde os pais poderán deixar aos nenos para percorrer a exposición con tranquilidade.

    A entrada ó recinto custará un prezo simbólico de 1 euro e con ela calquera poderá optar ó sorteo de varios regalos diarios cedidos polas empresas expositoras. Os que desexen participar no sorteo dos agasallos só deberán cumprimentar unha enquisa sen esquecer o seu nome e número de teléfono mediante o que se lle avisará se resulta gañador. Cada noite, media hora antes do peche, extraeranse os boletos premiados. Durante os cinco días que dure a exposición sortearanse tantos agasallos coma empresas participantes haxa na feira. Así o obxectivo dos comerciantes de Zona Aberta é que os asistentes marchen levando un barato obsequio ou unha atractiva prenda de verán ou de inverno.

    O salón abrirá dende o mércores 22 ate o venres 24 dende as seis da tarde ate as once da noite e a fin de semana dende as once da mañá ás dez da noite.

    Redaccíóin Salnés