Xestur entregaralle o luns ó concello as obras da 2ª fase de Espiñeira

    recepcionespineira_100_060309.jpgBOIRO> Membros do executivo desprazáronse ata o parque empresarial para comproba-lo estado da actuación.

    {flowplayer}barbanza/recepcionespineira.flv{/flowplayer}

    Os concelleiros de Urbanismo e Obras, Xoán León e Xoán Xesús Ares, respectivamente, acompañados do aparellador municipal achegáronse esta mañá ata o polígono industrial de Espiñeira para comproba-lo estado das obras da segunda fase, xa a piques de rematarse. O vindeiro luns está previsto que se despracen ata a localidade representantes de Xestur, entidade que se encarga da xestión do parque empresarial boirés, para entregarlle-las obras ó concello. Antes da recepción das mesmas, o executivo local quixo comproba-lo estado da actuación. Así na visita puideron comprobar as principais deficiencias que presenta o parque e que lle serán trasladadas ós representantes de Xestur para que lle dean unha solución o máis axiña posible. Entre os problemas detectados e que máis preocupan ós representantes do executivo boirés atópase a recollida das augas pluviais, un problema que xa deriva da primeira fase.

    Outros problemas

    Outras das deficiencias que lle trasladarán ós representantes de Xestur é a necesidade de construir un novo depósito de auga, xa que o actual quedase insuficiente para abastecer ás empresas xa instaladas. Tamén estudarán nun futuro próximo a posibilidade de construir unha depuradora específica para o polígono.

    Nesta segunda fase construíronse un total de 24 parcelas, das que 18 xa están adxudicadas. 

    Terceira fase

    Despois de rematar esta fase o executivo local está a estuda-la posibilidade de desenvolver unha terceira para dar así resposta ás necesidades de chan industrial ós empresarios do municipio.

    Redacción Barbanza