Xavier Vence esixe maior investimento na promoción da actividade pesqueira e marisqueira

    RIANXO> Durante a reunión, de aproximadamente unha hora, o voceiro nacional do BNG puido escoitar de primeira man, do propio sector da pesca artesanal e do marisqueo, o malestar existente polo total abandono que din sentir a favor da acuicultura industrial. Neste sentido Xavier Vence considera que os orzamentos da Consellería de Pesca para 2015 son unha mostra desta estratexia, xa que prevé usar unha parte substancial dos fondos europeos para financiar proxectos de acuicultura industrial e inclúen unha partida de 10,5 millóns de euros para desguazar barcos. Por iso anunciou que o BNG vai presentar emendas para que eses cartos sexan destinados á promoción da actividade pesqueira e marisqueira. Na reunión o portavoz naciolan do BNG puido recoller do propio sector a preocupación existente pola elevada mortandade do berberecho, polo que instou á Consellería do Mar a tomar cartas no asunto, para que se investiguen as posibles causas desta situación e mesmo se estudien outras medidas para paliar a merma de ingresos dos mariscadores. Por outra banda Vence tamén reclamou á Xunta apoio para os produtores de mexillón galego a través da denonimación de orixe, cunha etiquetaxe que identifique a procedencia dos nosos produtos fronte á competencia desleal das importacións.