![]()
PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra ven de convocar un concurso de ideas para a selección dun proxecto de explotación e valoración de…
… viabilidade económica para as catro pousadas-xardín que se construirán no Salnés. Nos documentos a presentar deben reflectirse puntos como os servizos que se van a prestar de xeito individual e en conxunto nestas pousadas; os servizos que van subministrar ou a estructura de persoal e de dotación que van a precisar.
Este proxecto deberá tamén contar con cadanseu apartado de viabilidade económica nun horizonte de 20 anos, os niveis de ocupación e custes anuais previstos, as inversións a realizar e os prezos dos servizos, entre outros. A hora de elaborar estes datos, deberase ter en conta que ditas infraestructuras estarán instaladas na comarca do Salnés, en concellos como Meaño, O Grove, Ribabumia e Vilanova de Arousa.
Esta actuación das pousadas-xardín conta cun orzamento de preto de nove millóns de euros, dos cales pouco máis de 6 millóns de euros provirán de fondos europeos FEDER. Este diñeiro será investido na construcción de catro establecementos dotados de 23 habitacións dobres accesibles, asociadas a un xardín-horta, de xeito que posibilite, en zonas próximas á costa, as características que ofertan os establecementos de turismo rural.
A súa construcción correrá a cargo de Alumnos da Escola Taller e de empresas especializadas.
Redacción Salnés








