O BNG de Ribeira demanda medidas para a aumentar a seguridade viaria en Artes

RIBEIRA> O BNG de Ribeira reclama unha maior atención para a parroquia de Artes. Tal e como señalou o concelleiro Luis Pérez Barral, “a parroquia de Artes é unha das que menos investimentos recibe cada ano por parte do Concello”. Algunhas carreteras acumulan anos en mal estado, maleza e falta de limpeza e iluminación. Un destes lugares é o de Sego, concretamente na estrada que vai desde o Centro Recreativo Cultural de Artes coa estrada que une o Hospital de Barbanza con Olveira, onde o firme está moi deteriorado. Por toda esta situación, o BNG vai solicitar que o Concello execute unha actuación de mellora do firme.