O centro coworking de Boiro intégrase na Rede de Espazos de Traballo Colaborativo da Deputación

BOIRO> O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou esta mañá o centro de Coworking Lab Barbanza de Boiro. O centro vén de adherirse á Rede de Espazos de Traballo Colaborativo que promove o organismo provincial.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, coñeceu esta mañá o centro de Coworking Lab Barbanza de Boiro, situado en Espiñeira. Trátase dun lugar de traballo que vai facilitar ós seus usuarios a posibilidade de dispoñer dun espazo con servizos e infraestruturas comúns que permiten mellorar as posibilidades de crecemento, consolidación e éxito profesional. O centro vén ademais de adherirse á Rede Provincial de Espazos de Traballo da Deputación, para apostar pola creación e consolidación de empresas.

O alcalde, José Ramón Romero, agradeceu a colaboración do organismo provincial que permitiu a mellora da formación no municipio.

Aproveitou a súa visita a Boiro para inaugurar a campaña de promoción do comercio local “Xunt@s facemos Boiro – Tod@s somos Boiro” que promove a Asociación Boirense de Empresarios que conta co financiamento da Deputación e a colaboración do Concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí