Volven as rebaixas da man de Expoferta

    inauguracion_expoferta_100_060309.jpgVILAGARCÍA> Ata o 8 de marzo Fexdega acollerá 83 stands nos que se poden atopar desde electrónica ata mascotas ou produtos de beleza.

    {flowplayer}images/salnes/060309_expoferta_zona_aberta.flv{/flowplayer}

    A cuarta edición de Expoferta inaugúrase este ano con novidades. A primeira, o cambio no calendario. De salón estival pasa a feira de inverno, un cambio que está a ter boa acollida entre o público.

    Entre os 83 stands que conforman a feira podemos atopar tamén comerciantes chegados fóra da comarca, e unha oferta do máis variada. O visitante poderá desde mercar artigos deportivos ou de electrónica, ata adquirir unha mascota ou facerse un cambio de imaxe. E o certo é que non perden tempo. Nada máis abrir as portas de Fexdega, xa se facían as primeiras compras.

    E que con crise ou sen ela, as rebaixas sempre son un reclamo. Por iso os organizadores agardan que esta edición pasen por Expoferta máis de dez mil persoas.

    Durante a inauguración, a presidenta de Zona Aberta, Rocío Louzán, salientou o aspecto lúdico de Expoferta, xa que ademais dos stands, a feira conta con ludoteca para os cativos, e ó peche de cada xornada os comerciantes sortearán agasallos entre os compradores.

    Expoferta permanecerá aberta ó público ata o domingo en horario continuo de doce da mañá a dez da noite.

    Redacción Salnés