O Vilalonga lévase o derbi e deixa moi tocado ó Portonovo

derbi250_090309.jpgSALNÉS> O Vilalonga levouse o derbi en Baltar, cun solitario gol de Saúl, de penalti. Un resultado que mellora a stiuación dos celestes na xeral e que complica cada vez máis a salvación do Portonovo

{flowplayer}images/salnes/derbi_090309.flv{/flowplayer} 

O mellor levouse o derbi. O Vilalonga mereceu os puntos por ocasións e por aposta futbolística ante un Portonovo mermado polas baixas e moi tocado anímicamente. Ben é certo que o único gol do encontro chegou nunha xogada bastante polémica.

Antes, os primeiros en avisar foran os de Canle. Miguel quedouse só ante Pazos e o cambadés gañoulle a partida. Minutos despois chegou a réplica. Rubí meteu un pase interior para Machu, que non puido salvar a rápida saída de Marcos.

O dominio do Vilalonga fíxose patente a partir dese momento. Á media hora de xogo Saúl gañoulle un balón imposible a Alfonso e cedeu a Pablo Pillado. Entre Marcos e o pau, evitaron o 0-1. Pero o gol chegaría tres minutos despois, tras un penalti sinalado por empurrón a Adrián á saída dun corner. Decisión rigurosa, que alporizou ós locais e que á postre sería decisiva, porque Saúl non errou.

Con vantaxe no marcador o Vilalonga puido facer o segundo antes do descanso pero Iago e Machu non se entenderon cando tiñan todo a favor.

 Así se chegou á pausa, o Portonovo non daba sinais de vida e os de Gabi Leis mandaban a pracer.

Tralo paso polos vestiarios chegaron os contratempos para os celestes. Primeiro coa lesión de Roberto Pazos quer recibíu un plantillazo descomunal de Miguel. O meta tivo que retirarse, foise ó hospital en ambulancia presumiblemente cunha escordadura de xeonllo. Acompañoulle Diego Blanco, que minutos despois rompía fibras por terceira vez esta temporada.

Entraron Gabi e Quito, pero o partido non cambiou. Pese a que a loita estaba máis igualada as ocasións chegaban sempre do mesmo lado. Rubí lanzou ó pau, e Pablo Pillado non soubo concretar dúas clarísimas ocasións. Primeiro lanzou demasiado cruzado; na seguinte, demasiado alto.

Como o Vilalonga non foi quen de sentenciar a piques estivo om Portonovo de rescatar un punto. Nun libre directo, similar ó que lle dera a victoria na primeira volta en San Pedro, Tiania superou á barreira pero non a un Gabi que demostrou ser un segundo porteiro de fiar.

Así morreu un derbi que deixa os de Gabi Leis lonxe do descenso e metido na loita polo cuarto posto, pese a que aínda está a seis puntos, mentres que o Portonovo continúa último, máis tocado e a catro da salvación.

Redacción Salnés