España e Francia primeiras confrmadas para a VBC ’11

VILAGARCÍA> A organización da Vilagarcía Basket Cup confirmou xa a presencia de dúas seleccións para o torneo deste ano: España, que actuará como anfitriona, e Francia, defensora do título acadado en 2009.

O comité organizador da Vilagarcía Basket Cup ven de comunicar a presencia das seleccións de España e Francia como primeiras convidadas para a decimosexta edición deste torneo.

A elección destes combinados non é casualidade. O primeiro actuará como anfitrión cumprindo así co acordo que Federación Española e Club Baloncesto Vilagarcía asinaron hai dous anos.

A presencia de Francia ven dada polo seu papel como defensora do título, acadado en 2009, xa que é nos anos impares cando a Basket Cup celébrase baixo o formato de combinados nacionais sub-18.

O evento, que pasará a celebrarse este ano nos pavillóns de Fontecarmoa, terá lugar coma sempre en Semana Santa, do 21 ó 23 de abril.

Redacción Salnés