Noia será sede do Campionato Galego de Ultramaratón BTT

NOIA> A cita será o próximo catro de xuño coa disputa da segunda edición da BTT Gran Ruta Celta. Os afeccionados ó mundo do ciclismo terán unha cita en Noia o próximo catro de xuño coa disputa da segunda edición da Gran Ruta Celta de BTT. A proba, que será valedeira para o Campionato Galego de Ultramaratón, incluirá tres categorías: Ultramaratón de 180 km., Maratón de 100 km e Popular duns 50 km. Dende a organización confían en que a proba chegue a converterse nunha carreira de referencia en Galicia. Na presente edición e á falla aínda de varias semanas para o peche das inscricións, xa hai anotadas máis de 170 persoas, procedentes de toda a xeografía española. Un feito que dende o concello esperan aproveitar para relanzar a imaxe turistica da vila. Para máis información sobre a carreira ou inscricións os interesados poden consultar a páxina web da organización www.granrutacelta.com.