Pontevedra terá o seu propio circuíto de carreiras populares

 PONTEVEDRA> O I Circuito de Carreiras Cidade de Pontevedra é unha inicitiva impulsda por clubes, asociacións e concello que aglutinará nun mesmo calendario, seis probas atléticas, dirixidas fundamentalmente a público afeccionado. Arrancará o vindeiro 2 de febreiro coa carreira de San Blas.

{flowplayer}images/salnes/PtacCircuitoCarreiras_240113.flv{/flowplayer} 

A emerxente paixón dos pontevedreses polo atletismo e o bo funcionamento das probas de afeccionados realizadas nos últimos anos levou ó concello a conformar o I Circuito de Carreiras Cidade de Pontevedra. 

Constará de seis probas, catro xa veteranas e dúas novas. Comezará o 2 de febreiro coa de San Blas, o 4 de abril debutará a carreira de Monteporreiro, para a cal aínda se está deseñando o circuíto, a outra nova será o 15 de xullo cun 10.000 nocturno, o 25 dese mes o Santiaguiño do Burgo, e contra o último trimestre do ano ,Campañó e Media Maratón porán o peche. Un circuíto que nace coa idea de perpetuarse no tempo, vendo o bo resultado que está a dar este tipo de iniciativas noutras cidades galegas como A Coruña, Ourense ou Lugo. 

Para participar no circuíto é preciso inscribirse é pagar 25 euros, se xa se posúe o chip para este tipo de carreiras, senón serán 40 euros. A clasificación xeral conformarase cos catro mellores resultados de cada corredor. O seu posto en cada carreira outorgará o mesmo número de puntos para a xeral, polo tanto, o que menos sume ó remate, será o gañador.

Redacción Salnés