O alcalde noiés tamén asumirá as competencias da Policía Local

crisebipartitonoia2_100_100309.jpgNOIA> Con estes cambios pretende realizar unha reorganización interna coa finalidade de poñer punto e final ó conflito existente no seo deste corpo.

{flowplayer}barbanza/crisebipartitonoia2.flv{/flowplayer}

O alcalde decidiu asumir tamén persoalmente as competencias da Policía Local, ata o de agora nas más da edil socialista, Rosana Mariño. Con este cambio pretende zanxar dunha vez por todas os problemas internos que presenta este corpo, e que mesmo provocaron que a practica totalidade da plantilla estivera de baixa laboral.

Novo xefe Policía Local

A primeira medida que tomará o rexedor noiés será o nomeamento dun novo xefe, apartando deste posto a Manuel González, ó que acusa de non estar organizando correctamente os cuadrantes de traballo, o que vén a causar, segundo el, un certo malestar entre os propios axentes, chegando ó punto de que nos últimos meses algúns membros do corpo síntense acosados e desmotivados a raíz de los problemas internos existentes. Con total seguridade o cargo será ocupado por unha persoa do propio corpo.

Convocatoria prazas

García Guerrero anunciou tamén que nos próximos días abrirase un proceso administrativo para asignar de manera definitiva as tres prazas de axentes, que actualmente están cubertas por interinos, así como unha de oficial.

Ilegalidade

Dende a Axempol, a asociación de xefes e mandos das policías locais, quixeron amén saír ó paso das declaracións realizadas polo alcalde, argumentando que dende o punto de vista legal e en cumprimento da normativa autonómica vixente, a única persoa da plantilla para o desempeño da xefatura é o actual inspector, Manuel González, polo que calquera outra alternativa estaría vulnerando a lei, e podería ser denunciable por vía xudicial.

Redacción Barbanza