O PSOE denuncia o encarecemento que suporá reformar o proxecto da piscina

encarecementopiscinason100.jpgPORTO DO SON> O PSOE denuncia o incremento de douscentos mil euros que sufrirá o proxecto da piscina municipal no caso de reformar o proxecto.

{flowplayer}barbanza/encarecementopiscinason.flv{/flowplayer}

Cinco anos despois da colocación da primeira pedra, a piscina de Porto do Son non só non é unha realidade senón que o proxecto volveu toparse cun novo obstáculo que supón o seu encarecemento en douscentos mil euros. Segundo os técnicos que están a acometer as obras non existe espazo suficiente para a colocación das bombas de calor polo que sería preciso reformar o proxecto.

O PSOE oponse a este incremento que repercutiría nos petos de tódolos veciños alegando que as piscinas de Cariño e Rianxo, incluídas no mesmo plan da Deputación, e con menos espazo na sala de caldeiras, xa están a funcionar sen que se aumentara o seu custo de construción.

O voceiro socialista xe se puxo en contacto co alcalde para solicitar unha reunión á que asistan os técnicos da empresa adxudicataria, a arquitecta municipal e o técnico redactor do proxecto que está disposto a executalo sen incorrer en novos custos.

A intención dos socialistas é promover proxectos de menor custe tanto en construción como mantemento, como fixo a Deputación da Coruña en 2005, co deseño destas tres piscinas.

Pola contra, critican os dispendio de proxectos con presupostos ilimitados como a piscina de Muros que acadou os tres millóns de euros, ou a proxectada polo anterior goberno municipal do PP que contemplaba un investimento próximo ós dous millóns e medio de euros.

Redacción Barbanza